- Axuda
Compras
Compras
OYSHO está dispoñible en varios mercados. Podes ver a lista completa de países aquí.
Podes facer un pedido en liña en www.oysho.com, na aplicación ou visitando calquera das nosas tendas.
Como podo comprar en liña?
Podo facer unha compra en liña desde unha tenda?
Como podo comprar en liña?
Aínda non tes a nosa APP? Descárgaa ou actualízaa agora e non perdas nada!
Podes facer un pedido en liña en www.oysho.com, na aplicación ou visitando calquera das nosas tendas.
- Engade o artigo que desexes á túa cesta
- Inicia sesión, rexístrate ou fai un pedido como convidado
- Selecciona o método de entrega
- Selecciona o método de pagamento que desexes e aproba a transacción se fose necesario.
Se desexas incluír un tícket agasallo no teu pedido, fai clic aquí.
Se tes un código promocional, lembra engadilo no campo "Tes un código promocional?" situado na cesta da compra.
Tes presa? Con OYSHO, podes recibir o pedido ou parte del, só nunhas horas!
Só tes que engadir os artigos á cesta, elixir a túa tenda preferida e seleccionar o método de entrega con recollida rápida. Durante o proceso de pagamento, verás os artigos que están dispoñibles para unha recollida rápida e disporás de alternativas para aqueles que non están dispoñibles nese intre.
Podo facer unha compra en liña desde unha tenda?
Se non atopas o artigo que desexas na tenda física máis próxima, podes pedirlle ao noso persoal que faga a un pedido en liña sempre que haxa existencias no sitio web.
Resultouche útil este artigo?
Onde está o meu pedido?
Como podo cancelar o meu pedido?
Podo mudar o enderezo dun pedido que xa está feito?
Onde está o meu pedido?
Podes facer un seguimento do teu pedido facendo clic aquí. Se fixeches a compra como convidado, podes consultar o estado aquí.
Cando fagas un pedido, recibirás un correo electrónico coa data de entrega prevista. Se cambia a data, avisarémoste por correo electrónico cando se envíe o teu pedido.
Lembra que recibirás actualizacións sobre o estado do teu pedido por correo electrónico ou por SMS.
Lembra tamén que o teu pedido pasará polos seguintes estados:
- En preparación: confirmouse a túa compra. Neste estado, aínda tes a opción de cancelar o pedido.
- De camiño: o pedido xa saíu dos nosos almacéns.
- Listo para recoller: (para entregas nunha tenda ou nun punto de recollida): o teu paquete xa se pode recoller na tenda ou no punto de entrega seleccionado.
- Entregado: entregouse a túa compra.
Se recibiches un artigo equivocado ou defectuoso, fai clic aquí.
Como podo cancelar o meu pedido?
Podes cancelar o teu pedido sempre que o estado o permita. Para facelo, tes que ir a Pedidos e seleccionar "Cancelar pedido".
Podo mudar o enderezo dun pedido que xa está feito?
Si. Podes mudar o enderezo do teu pedido, pero non o método de entrega. Só podes facer este cambio se fixeches o pedido como usuario rexistrado e o permite o estado do pedido.
Se fixeches o pedido como usuario rexistrado, podes cambiar o enderezo aquí. Se fixeches o pedido como convidado, ponte en contacto connosco.
Resultouche útil este artigo?
Se fixeches o teu pedido como convidado, sen rexistrarte en OYSHO, poderás xestionar tanto os teus pedidos como as túas devolucións utilizando os datos de contacto facilitados durante a compra.
Estado e seguimento do pedido
Podes consultar o estado do teu pedido e facer o seguimento do envío facendo clic aquí.
Xestión de devolucións
Podes solicitar unha nova devolución ou consultar o estado dunha devolución existente facendo clic aquí.
Para acceder a calquera destas opcións, introduce o enderezo de correo electrónico e o número de teléfono utilizados ao realizar o pedido. Recibirás un código de verificación por SMS que che permitirá xestionar os teus pedidos e devolucións.
Resultouche útil este artigo?
Que é unha páxina web fraudulenta?
Como podo recoñecer a páxina oficial de OYSHO?
Como sei se un correo electrónico de OYSHO é auténtico?
Que debo facer se creo que comprei nunha páxina falsa?
Por que é importante avisar sobre posibles fraudes?
Que é unha páxina web fraudulenta?
Son páxinas que imitan a web oficial de OYSHO empregando un deseño semellante para obter os teus datos persoais ou para que realices unha compra que non vai chegar. Esta práctica coñécese como phishing e pode ser máis frecuente en períodos de promocións.
Como podo recoñecer a páxina oficial de OYSHO?
- A única web oficial de OYSHO comeza por oysho.com, seguida dunha barra / e o código do país onde esteas. Por exemplo, para España: oysho.com/es.
- Podes comprobar se xunto á URL aparece a icona do cadeado, que indica que a páxina é segura.
Recomendámosche ter especial coidado cos anuncios ou promocións que vexas nas redes sociais ou buscadores, xa que poderían redirixirte a sitios non oficiais.
Como sei se un correo electrónico de OYSHO é auténtico?
Os correos oficiais de Oysho envíanse sempre desde enderezos que rematan en @oysho.com. Se recibes un correo electrónico desde outro dominio ou con contido estraño, non entres nas ligazóns nin descargues os ficheiros.
Que debo facer se creo que comprei nunha páxina falsa?
Se sospeitas que realizaches un pedido nunha páxina que non é de OYSHO debes seguir os pasos seguintes:
- Contactar co teu banco o antes posible
- Presentar unha denuncia ás autoridades
- Contactar con nós para poder facilitarnos unha captura de pantalla e a URL da páxina fraudulenta.
Por que é importante avisar sobre posibles fraudes?
Cando informas sobre páxinas sospeitosas, contribúes a protexer toda a comunidade OYSHO e axúdasnos a actuar máis axiña fronte a posibles estafas. Podes contactar connosco aquí.
Resultouche útil este artigo?
Precisas máis axuda?
Evita fraudes e merca con seguridade.
Aquí tes algunhas recomendacións para protexer as túas compras durante campañas promocionais.
Chat
Dispoñible
Dispoñible
Teléfono
Dispoñible